Actualizacións de software
É posible que Nokia produza actualizacións de software que
ofrezan funcións novas, melloradas ou un funcionamento
mellorado. É posible solicitar estas actualizacións mediante
Asistencia técnica
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
20
a aplicación de ordenador Nokia Software Updater. É posible
que as actualizacións de software non estean dispoñibles
para tódolos produtos e as súas variantes. É posible que non
todos os operadores aproben ás últimas versións de software
dispoñibles.
Para actualizar o software do dispositivo, cómpre dispoñer
da aplicación Nokia Software Updater e dun ordenador
compatible co sistema operativo Microsoft Windows 2000, XP
ou Vista, acceso á Internet de banda ancha e un cable de datos
compatible para conectar o dispositivo ó ordenador.
Aviso: Se instala unha actualización de software, non
poderá utilizar o dispositivo, nin sequera para efectuar
chamadas de urxencia, ata completar a instalación e reiniciar
o dispositivo. Asegúrese de efectuar unha copia de
seguridade dos datos antes de aceptar a instalación dunha
actualización.
A descarga e a instalación poden durar ata 20 minutos co
xestor de dispositivos e ata 30 minutos co Nokia Software
Updater.
Para obter máis información e descargar a aplicación Nokia
Software Updater, visite a páxinawww.nokia.com/
softwareupdate ou o seu sitio web local de Nokia.
Se a súa rede admite a transmisión de actualizacións de
software, tamén poderá solicitar actualizacións mediante o
dispositivo.
Suxestión: Para comprobar a versión de software do
seu dispositivo, insira *#0000# na pantalla de inicio.
4. Funcións de chamada
Chamadas de voz
Facer unha chamada
Importante: Se se bloqueou o dispositivo, insira o
código de bloqueo para activar o funcionamento do teléfono.
Cando o dispositivo se atopa bloqueado, poderá efectuar
chamadas ao número de urxencia oficial. Para realizar
chamadas de urxencia no perfil Desconectado ou cando o
dispositivo se atopa bloqueado, cómpre que o teléfono
recoñeza que se trata do número de urxencia oficial. É
recomendable cambiar o perfil ou desbloquear o dispositivo
mediante a introdución do código de bloqueo antes de
efectuar unha chamada de urxencia.
Para facer unha chamada, introduza o número de teléfono
incluíndo o prefixo e prema a tecla chamar.
Suxestión: Nas chamadas internacionais, engada o
signo + que substitúe ao código internacional, insira o
código do país, o código de área (omita o primeiro cero
se fora necesario) e o número de teléfono.
Para finalizar a chamada ou cancelar o intento de chamada,
prema a tecla Fin.