Xestor de compresións
Seleccione
>
Aplicacións > Oficina > Zip.
Co xestor de compresións é posible crear ficheiros de arquivos
novos para almacenar ficheiros comprimidos en formato ZIP,
engadir un ou varios ficheiros ou directorios comprimidos a
un arquivo, establecer, borrar ou cambiar o contrasinal dos
arquivos protexidos e cambiar axustes, coma o nivel de
compresión e a codificación do nome do ficheiro.
Pode gardar os ficheiros de arquivos na memoria do
dispositivo ou nunha tarxeta de memoria.
16. Axustes
Axustes de aplicación
Seleccione > Axustes > Axustes e Aplicacións.
Seleccione unha aplicación da lista para facer os seus axustes.
Seguridade do dispositivo e da
tarxeta SIM
Seleccione
>
Axustes > Axustes > Xeral >
Seguridade.
Para cambiar o código PIN, seleccione Teléfono e tarxeta
SIM > Código PIN. O novo código debe ter entre 4 e 8 díxitos.
O código PIN protexe a tarxeta SIM contra o uso non
autorizado e vén subministrado coa tarxeta SIM. Se insire o