Convertedor de moeda
Seleccione > Aplicacións > Oficina > Convertedor.
Seleccione Tipo > Moeda. Para poder realizar conversións
de moeda, cómpre seleccionar unha moeda base e engadir
os tipos de cambio. A moeda base predeterminada é Local. O
tipo de cambio da moeda base é sempre 1.
1. Seleccione Opcións > Cambios moedas.
2. O nome predeterminado para os elementos da moeda é
Estranx. Para renomear unha moeda, seleccione
Opcións > Renomear moeda.
3. Engada os tipos de cambio para as moedas e seleccione
Feito.
4. No outro cadro Unidade, seleccione a moeda á que desexa
efectuar a conversión.
5. No primeiro cadro Cantidade, insira o valor que desexa
converter. O outro campo Cantidade amosa
automaticamente o valor convertido.
Para cambiar a moeda base, seleccione Opcións > Cambios
moedas, unha moeda e Opcións > Fixar moeda base.
Se cambia a moeda base, deberá inserir novos tipos de
cambio debido a que se eliminarán todos os anteriores.